O Concello de Ferrol organiza viaxes a San Froilán e San Lucas para a terceira idade

(Foto: Galicia Ártabra).

O Concello de Ferrol co gallo da festividade de San Froilán o día 7 de outubro organiza unha viaxe a Lugo -con 2 autobuses-, e outra a Mondoñedo, polo San Lucas, o 18 de outubro, con dous buses mais.

A saída será ás 9:00 horas da mañá da praza de Galicia (Correos) e o regreso a Ferrol será ás 20:00 horas.

Destinatarios/as:

– Estar empadroado/a e ter residencia efectiva en Ferrol (se é unha parella terán que estar ambos empadroados/as en Ferrol)

– Maior de 60 anos

– Pensionista de xubilación do sistema da seguridade social

– Pensionista de viudedade cunha idade igual ou superior a 60 anos

– Pensionista de invalidadez, outras pensións ou prexubilados/as e ter en todos estos casos 60 anos cumpridos.

– O cónxuge ou parella de feito (rexistro municipal) non terá que cumprir os requisitos.

– A inscrición se fará por rigorosa orde de chegada e será individual agás os matrimonios ou parellas de feito inscritas no rexistro municipal en que poderá facela un dos membros da parella co DNI do outro.

– A inscrición será os días 25 e 26 de setembro no Edificio Social na rúa Sánchez Barcaiztegui dende as 9:00 horas a 13:30 horas e ata que se cubran as prazas por rigoroso orde de inscrición.

Para a viaxe de Mondoñedo terán preferencia as persoas que non puideron optar a viaxe de San Froilán e viceversa. As inscricións son individuais agás que sexan matrimonio ou parella de feito. O total de prazas para Lugo e Mondoñedo serán feitas por orde.

Cada persoa aboará 5 euros, financiando o resto da viaxe o Concello de Ferrol.

Lea también

La pescadería de Ucha será transformada en un gastromercado de productos de mar

La pescadería de Ucha contará con un nuevo uso, en su transformación como gastromercado centrado …