Máis de 80 persoas iniciarán este sábado o Camiño Inglés por etapas no marco do proxecto impulsado polo Concello de Cabanas

Máis de 80 persoas tomarán parte na ruta por etapas a Compostela, seguindo o Camiño Inglés, que organiza o Concello de Cabanas a través das Concellerías de Deporte e de Turismo. Unha cifra que, segundo explicou o alcalde, Germán Castrillón, supera as expectativas máis optimistas, tendo como referencia as cifras de participación na edición anterior, que o Concello levou a cabo hai uns anos e na que se anotaron unhas corenta persoas.

A ruta dará comezo este sábado, 23 de setembro. Sobre as oito, partirán da Oficina Municipal de Turismo de Cabanas os autocares contratados polo Concello para trasladar ós participantes cara o peirao de Curuxeiras, punto de partida do Camiño. Tamén lles facilitará a credencial do Camiño para ir selando ó longo do percorrido e acceder á Compostela. Nesa primeira etapa, cubrirán os 30 quilómetros que separan Ferrol de Cabanas e, a partir de aí, quedarán cinco etapas a celebrar os sucesivos sábados (30 de setembro, 7, 14, 21 e 28 de outubro). Os traslados ós puntos de saída e regreso correrán por conta do Concello que, con esta iniciativa, segundo destaca o rexidor, busca promocionar o Camiño Inglés e o seu paso por Cabanas.

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …