O regulamento da Casa da Mocidade aposta pola autoxestión para dinamizar a acción xuvenil

Saínza Ruiz en rolda de prensa – Concello de Ferrol

A Comisión Extraordinaria de Benestar Social, Muller, Igualdade e Xuventude celebrada na mañá deste martes 19, ditaminou favorablemente a proposta de Regulamento de uso da Casa da Xuventude do Concello de Ferrol, un texto froito do consenso que incorpora, no texto final, a maior parte das achegas feitas polos grupos da oposición e das propias entidades do municipio e que será elevado ao vindeiro pleno de fin de mes de setembro.

Así o manifestaba hoxe a concelleira de Mocidade, Saínza Ruíz, ao remate da comisión na que o regulamento foi votado a favor polo grupo de Goberno, e tamén pola parte de BNG, C´S e PSOE, e a reserva de voto do PP.

O articulado do regulamento, que aposta clara e decididamente pola autoxestión, foi abordado directamente cunha ducia entidades xuvenís -desde o sindicato de estudantes, asociación de xoves empresarios,.. -nunha xuntanza que tiña lugar a pasada semana nas dependencias da Casa da Xuventude, na rúa Almendra, 9, e consensuado co resto dos grupos. A Casa da Xuventude terá un horario de apertura acorde a normativa autonómica, tal e como reflicte o texto.

A concelleira manifestou que o regulamento será debatido na orde do día do vindeiro pleno ordinario de fin de mes na semana vindeira coa vontade de acadar a unanimidade, como disparador para recuperar a xestión da Casa directamente para a mocidade, con autoxestión, recollendo a través dunha canle directa coa concellería nun espazo diverso e común para desenrolar iniciativas. “Será unha autoxestión pactada polos propios colectivos e entidades que recuperan un espazo que no pasado tamén ocupaban entidades que nada tiñan que ver con mocidade”, manifestada a edil.

A Casa da Xuventude de Ferrol é un equipamento público de titularidade municipal cuxa finalidade é fomentar o encontro, a información, a comunicación, a dinamización do ocio e o tempo libre, favorecer a formación integral da Xuventude e promover o asociacionismo.

Lea también

Suspenden el operativo de búsqueda de Doniños, en Ferrol, al no denunciarse la desaparición de ningún pescador

El operativo de búsqueda que se había activado alrededor de las 19,00 horas del pasado …

Un comentario

  1. Autoxestión, empoderamento, confluencias… Mira que les gusta ponerle nombrecitos a cosas que no significan nada. Para que parezca que se va a hacer algo, aunque no se haga nada.