Dende EU Narón entenden «necesario modificar os baremos e revisar as condicións que se esixen a veciñanza para poder solicitar as axudas sociais dende o Concello«. Para André Abeledo «é preciso que os baremos se axusten a realidade, ao custo da vida e as necesidades de cada familia, onde además, as condicións teñen que ser revisadas.»
Unha das condicións que piden sexa modificada é a esixencia de que o solicitante teña unha antigüidade de empadroamento de seis meses no Concello de Narón.
Para EU Narón «pensamos que é un período excesivo, posto que o obxectivo esgrimido dende o Concello é que este prazo sirve para comprobar que a persoa solicitante non pretende “aproveitarse” pedindo axudas en diferentes concellos, entendemos que un prazo de tres meses, ou menos, é máis que suficiente«.
Tamén solicitan que o «Concello teña un maior control e faga un seguimento daquelas organizacións relixiosas que teñen un convenio con Narón, para saber si este servizo funciona dun xeito adecuado e cubre as necesidades da veciñanza que o precisa«.
¿No voto a favor del presupuesto de TEGA?
Pero si este sigue a pies juntillas lo que diga TEGA y les apoya todo