A celebración gastronómica do Porco ó espeto terá lugar este sábado na pista polideportiva de Pedroso

O Concello de Narón e a Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso, organizan unha nova edición, a sétima, da festa gastronómica do Porco ó espeto. A cita terá lugar o vindeiro sábado, día 26, a partir das 21.30 horas na pista polideportiva de Pedroso, baixo unha carpa instalada para a ocasión. Así o anunciou a concelleira de Festas, Mar Gómez, que animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a esta tradicional celebración organizada na parroquia de Pedroso.

Os asistentes poderán degustar un menú a base de porco ao espeto ou churrasco, pan e patacas, bebida, postre e café, por un prezo de 15 euros, e tamén se cociñará un menú infantil –igual que o anterior-, para menores de 7 a 14 anos, a un prezo de 7 euros. A celebración estará amenizada con música en vivo, pola artista Tania.

As persoas interesadas en asistir á cea poden adquirir os tickets –ata esgotar os dispoñibles- no local social da Pombiña, e nos establecementos colaboradores: o Café Bar Cuco e Maxi Pedroso. Tamén colabora neste evento a Deputación da Coruña.

Lea también

Meirás se prepara para acoger uno de los eventos del verano con Meirasland 2026

Meirás, en Valdoviño,  se prepara para acoger uno de los eventos del verano con Meirasland …