O Concello de Narón executa melloras de eficiencia enerxética no alumeado de prazas e viais

As vivendas da Marña e o seu contorno, as rúas Concepción Arenal, Bispo Argaya e a zona das Vivendas do Bispo, en Narón, dispoñen actualmente de alumeado led, tras executarse intervencións valoradas nun total de 163.675 euros. Tamén se realizaron tarefas de mellora da eficiencia enerxética en áreas dos barrios da Gándara e A Solaina, donde se rematou a primeira fase das intervencións previstas. “Trátase duns investimentos que permitirán un considerable aforro ás arcas municipais tanto no que respecta aos gastos derivados pola factura eléctrica como de mantemento deste servizo”, subliñou o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz. O edil recordou que nos vindeiros meses se continuarán desenvolvendo na cidade proxectos para substituír as luminarias actuais por outras de tipo led noutros barrios da zona urbana de Narón.

“O Concello destina unha partida global de 947.134 euros a diversos proxectos de mellora de eficiencia enerxética, entre os que se inclúen as actuacións anteriormente citadas e outras pendientes no barrio de Xuvia, e en instalacións municipais como o Pazo da Cultura e o pavillón polideportivo da Gándara”, explicou Mauriz. O edil naronés destacou a liña de colaboración existente entre as diferentes administracións, “que nos permitirá cofinanciar unha parte dos investimentos previstos no municipio, o que supón un importante avance, tanto a nivel económico como medioambiental, ao reducirse considerablemente as emisións á atmósfera de dióxido de carbono”. A maiores, tal e como recalcou Mauriz, a redución dos puntos de luz existentes, pola mellora da fotometría, permite diminuír a potencia contratada coas subiministradoras eléctricas.

As actuacións levadas a cabo nas Vivendas do Bispo e nas rúas Concepción Arenal e Bispo Argaya acometéronse con cargo a fondos provinciais, ao igual que as das Vivendas da Mariña e o seu contorno. Ademais, procederase a mellorar tamén o alumeado do pavillón polideportivo da Gándara.

 Unha das obras que se sufragará a través do POS 2017 da Deputación da Coruña é a mellora da eficiencia enerxética no barrio de Xuvia. O investimento previsto é de 138.723 euros, unha contía con cargo á que se substituirán un total de 170 luminarias en varias rúas e prazas deste barrio, localizadas entre a rotonda de Megasa e a ponte de Xuvia, incluíndo todos os viais perpendiculares á estrada de Castela no citado tramo. “As melloras son constatables tanto para os peóns como para os vehículos, ao realzar o blanco cálido dos leds os colores e mellorar a visión”, apuntou o edil naronés.

Así mesmo investiranse 7.709 euros en mellorar a iluminación do baixo e do primeiro e segundo andar do Pazo da Cultura.

O Concello de Narón xa acometeu outras intervencións nesta área tanto nos pavillóns polideportivos de Campo da Serra e As Lagoas como nunha primeira fase nos barrios da Gándara e da Solaina, según recordou o concelleiro de Obras. “Nos vindeiros meses continuaremos executando e programando novas actuacións en materia de eficiencia enerxética”, avanzou Mauriz, subliñando que se trata dunhas tarefas “encamiñadas a dar cumprimento á normativa marcada pola Unión Europea para reducir nun 20% as emisións de gases de efecto invernadero de aquí ao ano 2020”.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …