Os cargos do Consello Xeral de Participación Cidadá das zonas urbana e rural de Narón actualizaranse na xuntanza convocada polo Concello o vindeiro luns, 31 de xullo, no local social do Alto do Castiñeiro, a partir das 20.00 horas. Así o anunciou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, que recordou que a esta cita están convocadas todas as entidades dos Consellos Territoriais e os representantes políticos da corporación local. García avanzou tamén que na xuntanza se presentará ás responsables da Sociedade Cooperativa Galega Rexenerando, Andrea Rico Adega e Olalla López Barro, que serán as encargadas de traballar cos Consellos Territoriais, tras adxudicárselle esa tarefa formalmente desde o Concello á citada sociedade.
Así mesmo, na convocatoria a desenvolver o vindeiro luns informarase aos representantes dos Consellos Territoriais sobre as convocatorias do proceso participativo a levar a cabo ata finais deste ano, que se retomarán a partir de setembro nos barrios e parroquias da localidade, tal e como avanzou García. “Explicaremos os cometidos e as funcións destes organismos de participación, os Consellos Territoriais, desde os que tamén é imprescindible que plantexen calquera asunto relacionado co municipio para poder estudalo e colaborar na medida do posible desde a administración local”, apuntou.
Pola súa banda, Andrea Rico recalcou que a función dos Consellos Territoriais é actuar a modo de “canle de comunicación cos veciños e as veciñas dos barrios e as parroquias e tamén coas persoas a título individual, sexan ou non socias de entidades, porque todos e todas teñen dereito a trasladar as súas inquedanzas aos representantes do seu barrio ou parroquia”.
A concelleira de Participación Cidadá animou á veciñanza de Narón a implicarse e participar activamente nas xuntanzas que se convoquen a modo de asembleas abertas e tamén dos Consellos “para deste xeito, desde o Concello, en colaboración coas veciñas e os veciños, poder traballar conxuntamente e solventar calquera dúbida ou posible problema que poida xurdir, así como propoñer e analizar a viabilidade de posibles intervencións a levar a cabo na cidade”, recalcou. A edil naronesa incidiu en que tamén poden asistir á xuntanza programada para o vindeiro luns os integrantes aquelas entidades que non recibisen a pertinente convocatoria a través dos Consellos Territoriais por non estar rexistradas formalmente no Concello.
La pescadilla que se come la cola.
Manera de marear la perdiz.
Todo esto durante 8 años y seguimos sin participación ciudadana, cuantos años más tendrán que pasar?
Ah! Pero es que Catalina llevaba ‘participación cidadá’??? Primera noticia que tenho de esa concellería. Sabía que en ‘acción social’ no destacaba por su ardua labor, pero lo de participación ya es de órdago.