A concelleira de Estatística recorda á veciñanza do Val que non debe colocar a nova numeración das vivendas ata que se notifique a inscrición padroal actualizada

A concelleira de Estatística, Mar Gómez, recordou á veciñanza do Val que as pegatinas que se facilitaron coa nova numeración das vivendas non se deben colocar ata o momento no que os propietarios dos inmobles reciban unha notificación coa inscrición padroal actualizada. A edil naronesa incidiu en que o enderezo que se lles notificou hai unhas semanas é provisional e, polo momento, está suxeito a posibles cambios, tal e como se lles indicou a través dunha carta remitida desde o Concello.

Unha vez que se notifique á veciñanza -tamén a través dunha carta- a inscrición padroal actualizada, poderanse colocar as pegatinas e tamén dar conta dos cambios aos distintos organismos e empresas subministradoras de diferentes servizos, tal e como explicou Gómez. “No caso de que as veciñas e veciños coloquen xa as novas numeracións nas súas vivendas pode ocasionar, polo momento, problemas en determinados servizos, ao non estar actualizada a inscrición padroal”, recalcou a concelleira de Estadística.

A edil naronesa valorou unha vez máis a colaboración prestada polas veciñas e os veciños do Val durante o proceso levado a cabo para renumerar as vivendas e rotular os camiños localizados na citada parroquia.

Lea también

Nueve escuelas de danza de Ferrolterra se reúnen en Odeón para la VI Gala del Día Internacional de la Danza

El Centro Comercial Odeón de Narón acoge este sábado a partir de as 18:30 horas …