Cursos de vela lixeira no encoro das Forcadas durante o mes de agosto

Actividade en As Forcadas – Concello de Valdoviño

O Club Náutico As Forcadas, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Valdoviño, organiza no mes de agosto cursos de vela lixeira no encoro. Comezarán o día 14 e celebraranse en dúas quendas, do 14 ó 18 e do 21 ó 25. Na primeira, aínda queda algunha praza libre, e as persoas interesadas en tomar parte poden formalizar a súa inscrición na Oficina de Información Turística, en horario de 10,30 a 14 e de 16 a 20 horas. Tamén teñen á súa disposición o número de teléfono 981 48 76 73.

Os cursiños constan de 20 horas, de luns a venres de 10 a 14 horas. O custe é de 20 euros e é preciso ter cumplidos os 8 anos e saber nadar.

Non será a única actividade que albergue o encoro nestas datas. Dende xa, e ata remates de setembro, o Club Náutico As Forcadas ofrece tamén a posibilidade de alugar piraguas autobaleirables e material de Paddle Surf cun coste de 20 euros a xornada de catro horas e en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. As persoas interesadas en acceder ó servizo deben facer a súa reserva no teléfono 646 32 76 06.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …