Blanco defende a actuación de Cosma e acusa ao portavoz popular de descoñecer despois de seis anos no Concello o funcionamento e as competencias da administración local

Alcalde Narón- Fot. Galicia Ártabra

O alcalde de Narón e presidente da Compañía de Servicios Medioambientales del Atlántico (Cosma), subliñou, en resposta ás declaracións realizadas polo portavoz popular naronés sobre a compensación aos abonados de Cosma polos niveis de trihalometanos, que a compañía “actuou en todo momento, como non pode ser doutro xeito, seguindo o Protocolo de autocontrol revisado e aprobado pola Consellería de Sanidade”. No momento no que se rexistrou a incidencia -os días 10, 11, 12 e 15 de maio, cando o nivel superou lixeiramente o valor límite- seguíronse os pasos marcados no protocolo, reducíndose incluso os tempos marcados e obtendo os resultados das mostras en menos de 24 horas, apuntou.

lanco incidiu en que “en ningún momento se decretou por parte da Consellería de Sanidade, administración competente nestes casos, unha alerta sanitaria para notificar á poboación que a auga non era apta para o consumo, o que demostra unha vez máis o nivel de descoñecemento sobre esta situación que amosa o portavoz dos populares”. O rexedor local explicou que precisamente por ese motivo non se procedeu á suspensión do subministro e recalcou que esa decisión, no caso de producirse, tería que adoptala a Consellería de Sanidade, e en ningún momento a administración local.

As medidas que se tomaron eses días acordáronse coa Xefatura de Sanidade, como marca o protocolo, e desde o primeiro momento da detección desta situación, desde Cosma leváronse a cabo as medidas posibles –purgas de rede- e avisouse á empresa Emafesa para que realizase tamén purgas e cambiase o tratamento da auga”, explicou. O alcalde valorou a rápida actuación que se levou a cabo desde Cosma, “que permitiu en moi pouco tempo baixar os niveis de trihalometanos e impediu maiores prexuízos” e lamentou o feito de que o PP de Narón continúe apostando por “xerar unha alarma innecesaria entre a poboación”.

Bonificacións

O alcalde apuntou ademais, en referencia ao díptico enviado pola empresa Cosma co recibo, no que se informaba das bonificacións das taxas e información do coeficiente de verquido, que “das 587 palabras do mesmo tan só se quede con dúas, bonificación e subvención, que nalgúns casos se alternaron para non reiterar, pero no que en todo momento se ofrecían as oportunas explicacións á veciñanza, partindo do propio título: “Bonificación de taxas e do coeficiente de vertido”.

Ademais, con respecto ao tema do saneamento, tamén en relación coas declaracións realizadas hai uns días polos populares, Blanco recordoulle ao portavoz do partido no Concello que o PP de Narón «votou a favor do convenio asinado no seu día coa Xunta de Galicia e Acuaes, e que no pleno no que se aprobou a taxa abstívose”.
As declaracións que permanentemente realiza o portavoz do PP de Narón non fan máis que deixar en evidencia o descoñecemento que amosa da realidade da nosa cidade”, asegurou Blanco, que lle solicita ao popular que “clarifique a súa proposta de taxa”.

Conexión viaria en Santa Icía

Unha mostra máis desa desidia e desinterese dos populares naroneses é, indicouo alcalde, o feito de que hai tan só uns días solicitaran unha nova conexión viaria entre os barrios de Santa Icía e o Alto do Castiñeiro. Blanco aludiu ás “poucas ganas de traballar que ten o PP, porque neste momento non se pode levar a cabo ese proxecto ao non contemplar o Plan de Urbanismo esa posibilidade, unha explicación que lle darían os servizos técnicos do Concello se se molestase minimamente o portavoz popular en informarse sobre ese asunto”. Blanco avanzou ao respecto que o novo Plan de Urbanismo xa prevé recoller unha conexión nesa zona.

Antigo cuartel da Garda Civil en Xuvia

Por último, o alcalde lamentou que con respecto ao proxecto a desenvolver na superficie donde está o antigo cuartel da Garda Civil, en Xuvia, “os populares confundan o que eles chaman “falta de ideas” cunha serie de propostas das que se estudará a súa viabilidade técnica, loxicamente, analizada polo pertinente estudo técnico”.

Todos estes feitos amosan a deriva política do grupo do Partido Popular no Concello, algo que non sabemos se responde exclusivamente ao seu portavoz, que é o que realiza as declaracións, ou é extensivo a todo o grupo municipal”, apuntou Blanco. O alcalde insta ao portavoz popular a que “despois de seis anos como concelleiro da oposición en Narón, comece a traballar de xeito construtivo, en beneficio dos veciños e das veciñas da nosa cidade, en lugar de desinformalos dando mostra do seu absoluto descoñecemento da vida política municipal”.

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …

2 comentarios

  1. Es decir; sube la tasa del agua y sale diciendo que si el PP nosequé o podemos nosequemás. La culpa del tasazo del agua la van a tener pablo iglesias y Rajoy al final

  2. Desidia porque no hace la oposición? Qué raro…. juraría que los que tenían que hacer cosas son los del gobierno… ¡pero no las hacen! Ay Blanco! Vaya panorama le dejas a la que dejas a dedo!