Aberta a oficina de turismo do Xeodestino Ferrolterra – Rías Altas

O pasado sábado 15 de febreiro abriu ao público a oficina de turismo do xeodestino Ferrolterrra-Rías Altas, dende a cal se facilitará información dos concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche,Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior, e se procurará a coordinación cos puntos de información turística existentes nestes concellos.

O funcionamento habitual do servizo será na oficina de turismo de Fene, Avda. Naturais s/n, en horario de martes a domingo de 10:30 a 13:50 e de martes a sábado de 17:00 a 20:30, dende o 15 de xullo ata o 14 de setembro.

A oficina tamén funcionará de maneira itinerante durante eventos puntuais de interese turístico noutros municipios do Xeodestino.

A oficina será atendida por unha técnica superior en información turística contratada pola Mancomunidade mediante unha subvención da Axencia Turismo de Galicia.

Lea también

Prisión provisional para la mujer detenida por apuñalar a un hombre en una cafetería de Ferrol

La magistrada de la Sección de Instrucción del Tribunal de Instancia de Ferrol plaza número …