O BNG celebra en Ferrol actos para comemorar o Día da Patria Galega

Cartel dos actos – BNG

O Bloque Nacionalista Galego con motivo de comemorar o Día da Patria Galega vai desenvolver na nosa cidade nos vindeiros días una serie de actos actos públicos para celebrar esta data principal no calendario do país e para «reivindicar os dereitos que temos como nación e o principal o dereito á exercer a nosa soberanía como pobo«.

Este ano o lema escollido polo BNG para celebrar esta data é «Galiza a Nación que compartimos» e nesta campaña enmarcamos os actos nos que mañá e o sábado participarán.

Mañá, venres 21, ás 20 horas no edificio do antigo Hospicio, organizado por Galiza Nova e o BNG terá lugar un un coloquio sobre A historia do nacionalismo galego, no que participarán: Francisco Rodríguez, ensaísta e militante do BNG, Brais Iglesias, responsábel comarcal de Galiza Nova, e Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol.

Xa na xornada do sábado 22, esta vez en colaboración con diversas entidades do ámbito do soberanismo da nosa cidade participarán nunha ruada patriótica con saída da praza do Hino Galego de Ferrol, às 12 horas, e remate na alameda do Cantón., xunto à Praza de Galiza.

Lea también

Agenda zona norte- sábado, 4 de mayo 2024

—-Quedan 241 días para finalizar el año. Día Internacional de Star Wars.La fecha fue elegida debido …