O Concello de Ferrol considera un «ninguneo» á cidade a última guía do Camiño Inglés da Xunta

Esta mañá en rolda de prensa o Concelleiro de Turismo Suso Basterrechea calificou de “falta de respecto e ninguneo á cidade de Ferrol e o resto de municipios da nosa Comarca e da comarca do Eume” o trato recibido na última guía turística do Camiño Inglés publicada pola Xunta de Galicia. Na devandita guía Ferrol e o resto de concellos da Comarca “ou teñen unha presenza mínima ou directametne non aparecen” segundo puntualizou o concelleiro.

Por outra banda Suso Basterrechea subliñou que “ante este agravio comparativo vamos abordar esta cuestión dende a Mancomunidade de municipios, ademais de que xa estamos a iniciar os contactos co resto de municipios da Comarca para presentar unha queixa formal ante a Xunta de Galicia”.

O concelleiro considera que neste caso coa publicación desta guía sobre o Camiño Inglés “a Xunta de Galicia como administración do país, ten que gardar a máxima imparcialidade e elegancia, máxime nun tema tan importante como o turismo e o Camiño Inglés un dos piares da nosa promoción turística”.

Ademais Suso Basterrechea subliñou que “non serve de nada ir a FITUR e facer os máximos esforzos para promocionar o Camiño Inglés dende o Concello se a Xunta de Galicia opta por invisibilizar a presenza dos concellos da comarca e da nosa cidade”.

Segundo o concelleiro “ é palpable o ninguneo pasando na guía do 2009 de adicar 10 páxinas a toda a Comarca, a este ano no que só aparece nomeada unha vez Ferrol, priorizando a presenza doutros territorios e sendo Ferrol o porto de entrada a este Camiño”.

Asi mesmo o concelleiro aproveitou a ocasión para informar sobre o comezo das xestións que o propio concello e a súa concellería están a facer para ser membro da Asociación de Concellos do Camiño Inglés “onde estamos na fase das xestións administrativas correspondentes co obxectivo de potenciar de xeito conxunto e colectivo o atractivo turístico e cultural do recurso tan importante como é o Camiño Inglés”.

Lea también

Psoe Ferrol esixe explicacións pola suposta retirada da reclamación polo saneamento ó Concello de Narón

O grupo municipal socialista esixe explicacións ao alcalde sobre «a suposta retirada da reclamación xudicial …