O BNG pide que se garanticen os dereitos dos usuarios de Caranza e Esteiro fronte as intencións de Gas Natural

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol estivo esta mañá acompañando aos membros da plataforma creada no barrio de Caranza e Esteiro contra as intencións de Gas Natural de abandonar o subministro de propano e obrigar ao cambio a gas cidade que se achegaron até o Concello onde se lles manifestou o noso apoio e se lles informou da situación actual.

Para o BNG é fundamental que se garantan os dereitos dos veciños e veciñas usuarias deste servizo de gas propano e que desde o Concello non se concedan a gas natural os permisos solicitados até que se garanta aos veciños e veciñas afectadas os seu dereitos e se lle facilite toda a información ao respecto.

O cambio de combustible non pode ser empregado como xustificación para a rescisión dos contratos de gas propano e a súa substitución por gas natural de maneira obrigatoria xa que é unha decisión exclusiva da empresa.

Por tanto, para os nacionalistas «o Concello debe denegar a autorización para a substitución das instalación xa que por unha parte a empresa non propón unha proposta técnica viable e por outra obrigaría aos veciños e veciñas a ter que asumir o cambio de combustible ao eliminar a posibilidade de contar co subministro de gas propano«.

Así mesmo «cremos que debe ser unha opción indvidual acollerse a opción de cambio no subministro e sempre sendo coñecedores das condicións en que se produciría ese cambio e o Concello debe salvagardar os dereitos dos usuarios e usuarias que decidan manter as súas instalacións con subministro de gas propano, cando ademais teñen contratos en vigor que a empresa quere rescindir de maneira unilateral«.

Desde o BNG consideran que o goberno debe exixir a empresa que garantize a posibilidade de que os usuarios e usuarias que queiran continuar coa instalación mediante gas propano poidan facelo e por outra parte que os veciños e veciñas que decidan mudar a súa instalación sexan coñecedores de en que condicións o fan.

Lea también

Los establecimientos de ocio en Ferrol, amplían horario el 24 y 31 de diciembre

El concejal de Fiestas de Ferrol, Arán López, informó en la comisión del área de …

Un comentario

  1. Y por que la AV de Caranza les dice a los vecinos que se tienen que cambiar obligatoriamente para Gas Natural?