O Padroado da Cultura mantén aberto o prazo de inscrición de postos no Mercadiño Artesán do Oenach Atlántico que se celebrará en Sedes

As persoas interesadas en instalar postos de venda no Mercadiño Artesán que se celebrará durante o Oenach Atlántico en Sedes, poden aínda solicitar a súa participación a través do Padroado da Cultura de Narón. Os postos poderán abrir durante as xornadas do sábado 29 e o domingo 30 –se ben a programación do Oenach Atlántico comezará a desenvolverse o día 28- en horario de mañá e tarde, podendo montalos a véspera, o día 28 de xullo. A celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, reúne cada ano na zona do Trece, na parroquia naronesa de Sedes, a centenares de persoas.

Para poder vender produtos no Mercadiño Artesán é preciso anotarse previamente nas oficinas do Padroado da Cultura de Narón, a través do número de teléfono 626 378 685 –chamando de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas-, ou no correo electrónico d.canovas@naron.es. As inscricións son de balde.

Lea también

MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; …