Ferrol é unha das tres cidades galegas máis transparentes

O Concello de Ferrol sitúase como a terceira cidade galega máis transparente da nosa Comunidade, segundo o ranking publicado o pasado venres 7 de xullo, pola organización Transparencia Internacional España, no cal se analiza a transparencia dos 110 maiores concellos de España.

Deste xeito adiántalle no eido da transparencia ás cidades da Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense, que quedan en postos inferiores.

Ferrol obtivo concretamente 86,3 puntos sobre 100 na valoración global, experimentando así a maior suba rexistrada dende o ano 2009, xa que a puntuación acadada polo Concello na edición do ano 2017 foi 15 puntos superior á anterior do ano 2014 (71,3 puntos).

A entidade local presenta os seus mellores resultados en dous eidos concretos, nos cales Ferrol se sitúa por enriba da media española; por unha banda no bloque da transparencia na páxina web, relacións coa cidadanía e a sociedade e participación cidadá (93.3/100) no que sobe dende os 68,8 puntos do ano 2014, e por outra, no bloque da transparencia económica-financeira (95.5/100), 22,8 puntos máis que na edición anterior.

Nas demais áreas a puntuación obtida achégase cada vez máis a media española, cómpre destacar o importante aumento acadado en eidos coma o da transparencia activa e información sobre a Corporación municipal ao sumar 18,3 puntos máis respecto do resultado do ano 2014, situándose así a tan só 2,2 puntos da media estatal.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …

Un comentario

  1. Lo de transparencia, lo dicen por las asambleas de barrio que no se hacen, por la votación en la urna sobre la Plaza de Armas que se pasaron por el arco del triunfo o por la «transparentísima» contratación de la cabalgata de reyes?