Cabanas abre o prazo de inscrición no XXVIII Cross Popular de Santa Marta

Podio da edición do 2015 – Concello de Cabanas

Cabanas organiza un ano máis o seu tradicional Cross Popular. Será a XXVIII edición e terá lugar o domingo 30 de xullo, coincidindo coa última xornada da Romaría de Santa Marta. Celebrarase no piñeiral da praia e todo o percorrido estará delimitado con cinta. O Concello confía en reeditar o éxito de edicións anteriores, nas que participaron centenares de persoas de todas as idades. De feito, na última, bateuse un novo récord de deportistas, superando a barreira do medio millar. As persoas interesadas en tomar parte xa poden inscribirse no Concello de Cabanas (no teléfono 981 49 59 59 ext. 3 ou no enderezo cultura@cabanas.gal) e o prazo remata o 27 de xullo (ata as 14 horas). De forma excepcional, no lugar da carreira, tramitaranse inscricións ata unha hora antes da saída da proba, na carpa habilitada ao efecto pola organización.

Segundo informa a Concellería de Deportes, promotora da carreira, as diferentes distancias oscilarán entre os 1.000 e 7.000 metros, dependendo da categoría, e o percorrido discurrirá integramente a nivel do mar e polo interior do piñeiral. A primeira categoría comezará a carreira ás 11 horas.

Así mesmo, os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán trofeo e os vencedores absolutos das categorías masculina e feminina, un trofeo adicional.

Co ánimo de premiar a participación das categorías de base, o alcalde informa de que se lles entregará medalla a todos os que completen o circuito –nenas e nenos nados no ano 2010 e posteriores-.

Categorías, distancias e horarios:

• Cat. A: Nados en 2007-08-09 : 1.000 m. (1 VP) saída ás 11.00 • Cat B: Nados en 2004-05-06 : 1.800 m (1 VG) saída ás 11.10
• Cat C: Nados en 2001-02-03 : 3.600 m (2 VG) saída ás 11.20
Información municipal
• Cat J: Nados en 1998-99-00 : 7.000 m (4 VG) saída ás 11.40
• Cat SE: Nados entre 1978 e 1997: Distancia, voltas e hora Igual que J
• Cat. Veteráns A: Nados entre 1968 e 1977: Distancia, voltas e hora Igual que J
• Cat. Veteráns B.: Nados entre 1958 e 1967: Distancia, voltas e hora Igual que J
• Cat. Superveteráns: Nados antes de 1958. Tamén 7000 metros, 4 VG ás 11.40
• Nados nos anos 2010-2011-2012 Primeiros peques corren 300 metros ás 12.40 h • Nados dende o ano 2013 ata hoxe. Resto de peques corren 100 metros ás 12.45 h

NOTAS.-As categorías son iguais para MULLERES E HOMES v.p./ v.g. = volta pequena /volta grande.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …