Últimos días para anotarse como posto de venda no Mercadillo de Santa Marta

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Turismo, informa de que o prazo para solicitar a participación no Mercadillo de Santa Marta está aberto. A feira celebrarase unha edición máis coincidindo coa Romaría, a festa principal do municipio, entre o xoves 27 e o domingo 30 de xullo.

Para anotarse, as persoas interesadas poden facelo na concellería –pranta baixa da casa consistorial- ou ben enviar un correo electrónico ó enderezo cultura@cabanas.gal. Así mesmo, o impreso de solicitude pode descargarse dende a web municipal www.cabanas.es. O prazo concluirá o 14 de xullo.

O Mercadillo de Santa Marta terá lugar no entorno do paseo do piñeiral da Madalena. Catro días nos que os diferentes postos porán os seus produtos á venda. De todo tipo, dende xoias ata pezas decorativas, pasando por prendas de roupa ou artigos de papelería e xoguetes. O Concello habilita o seguinte teléfono 630 257 436 para ofrecer máis información ás persoas interesadas.

Lea también

Un centenar de vecinos en Neda participa en la merienda de Navidad de los mayores

  Los mayores de Neda comenzaron la Navidad una vez más, de la forma más …