Os alumnos da actividade de fotografía da Xerencia Integrada de Ferrol expoñen «Teatro Hospitalario»

Os alumnos e alumnas da aula de Fotografía da Xerencia Integrada de Ferrol están a expoñer o seu traballo de fin de curso, Teatro Hospitalario, no corredor principal do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Pódense ver un total de 30 fotografías en diferentes tamaños que amosan as diversas miradas en torno a un mesmo feito dos e das alumnas que acoden ás clases que imparte o fotógrafo Jose Pardo. Esta tarde de venres, ás 17:00 horas, os actores colaboradores visualizarán os resultados desta actividade.

O alumnado do ámbito fotográfico ofrece unha mostra da súa visión dunha actividade concreta: a incursión de catro actores nos espazos hospitalarios da especialidade de Neuroloxía. Os 15 alumnos fotografaban as distintas escenas que se ían producindo con estes catro actores voluntarios, Carol Díguele, Rosa Marín, Agustín Bolaños e Isa O’Connor.

Segundo se indica na propia exposición: “A mostra fotográfica que ves é o resultado do traballo dos alumnos do Curso de Fotografía da Xerencia Integrada de Ferrol, que conseguiron achegar as instalacións hospitalarias á sociedade a través do sonriso e a improvisación. Un grupo de catro actores prestáronse para servir de modelos, e ser fotografados no ámbito hospitalario polos alumnos do taller de fotografía. Estes son os resultados desa desenfadada sesión”.

As fotos están realizadas por profesionais tanto do ámbito dos centros hospitalarios como dos centros de saúde, e que pertencen a moi diferentes categorías profesionais e servizos, tanto da administración e xestión, como da clínica e a asistencia.

Actividades máis alá do ámbito asistencial

As e os profesionais da área ferrolá participan activamente en diversos ámbitos que humanizan o seu traballo diario. Xunto con estes talleres fotográficos, desenvólvense as aulas de pintura e de cociña. Esta Asociación de profesionais conta tamén cunha Coral Polifónica. O equipo de fútbol, e as clases de zumba e de pilates engaden a nota deportiva.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …