Últimas prazas libres en Valdoviño para os cursos de tiro con arco, ximnasia ao aire libre e patinaxe artístico

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, informa de que aínda queda algunha praza libre nas actividades de Tiro con Arco, Ximnasia ao Aire Libre e Patinaxe Artístico. Todas elas, forman parte da programación municipal deportiva de Ocio Sol para este verán e celebraranse nos meses de xullo e agosto. Para anotarse, as persoas interesadas poden facelo na Concellería –segunda pranta da casa consistorial, de luns a venres de 9,30 a 13,30 h- namentras que no caso de patinaxe artístico deben chamar directamente ó Club Buxaina, responsable das clases, nos teléfonos: 616 323 599 e 648 856 688.

Respecto ó tiro con arco, é o Club Arco A Frouxeira o encargado de impartir as clases no campo de fútbol de Mourente, en quendas de luns a venres de 10,30 a 12,30 horas. Comezarán o próximo luns, 10 de xullo, e o prezo da actividade é de 11,06 euros ó mes para menores de 18 anos e de 12,54 euros ó mes para persoas adultas. Ximnasia ao aire libre desenvolverase no entorno do parque da Frouxeira, pensada para persoas adultas. De luns a venres de 10,15 a 11,15 horas e cunha cota mensual de 22,12 euros.

E, no tocante a patinaxe artístico, ten lugar no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, martes e xoves de 12,30 a 14 horas. Os nenos e nenas empadroados en Valdoviño gozarán dun desconto do 10% sobre o custe da actividade.

Lea también

Un partido homenaje conmemora el 50 aniversario del fútbol sala en Ferrol

El concejal de Deportes, Ricardo Aldrey, presentó en el Ayuntamiento de Ferrol el primer acto …