Desvíos de tráfico na estrada do Trece para acometer as obras de ampliación do vial

O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou unha serie de cambios que están operativos na sinalización da DP-5404 (estrada do Trece, de Xuvia á Frouxeira), con motivo das obras de ampliación do vial, titularidade da Deputación Provincial. O concelleiro naronés explicou que os desvíos en vigor estarán vixentes ata finais deste mesmo ano, según as previsións iniciais.

A intervención proxectada pola Deputación da Coruña na DP-5404 consiste na ampliación da calzada, que pasará a ter un ancho de 3,50 metros e arcéns dun metro. Así mesmo, mellorarase o pavimento e procederase a instalar a rede de saneamento e abastecemento no tramo no que se acometerán os traballos, dunha lonxitude duns tres quilómetros, entre a rotonda da Gándara de Sedes e o lugar do Carballo. Nestas últimas intervencións, para implantar na zona os servizos de auga e alcantarillado, a Deputación da Coruña conta coa colaboración do Concello de Narón.

O edil de Seguridade Cidadá e Transporte Público pediu desculpas polas molestias que poidan ocasionar os desvíos previstos no tráfico rodado durante o período no que se executan os traballos pendientes.

Lea también

Uns 400 escolares de Narón participan en saídas en bicicleta organizadas dende o Concello

Preto de 400 escolares de educación Primaria de Narón participan nas saídas en bici organizadas …