O programa municipal Ocio Sol incorpora tiro con arco e patinaxe artístico no verán

Porta do Sol – Concello de Valdoviño

O concelleiro de Deportes de Valdoviño, Sergio Saavedra, informou esta mañá de que o programa municipal Ocio Sol vén de incorporar ás súas actividades tiro con arco e patinaxe artístico. Súmanse así a natación, ioga, ximnasia e tenis. No caso de tiro con arco, será o Club Arco A Frouxeira a encargada de impartir as clases no campo de fútbol de Mourente, en quendas de luns a venres de 10,30 a 12,30 horas. A intención é comezar o 10 de xullo e o prezo da actividade é de 11,06 euros ó mes para menores de 18 anos e de 12,54 euros ó mes para persoas adultas. As inscricións deben realizarse na Concellería de Deportes –segunda pranta da casa consistorial- de luns a venres de 9,30 a 13,30 horas. Para participar é preciso ter cumpridos os 9 anos.

No tocante a patinaxe artístico será o Club Buxaina o responsable das clases, no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, martes e xoves de 12,30 a 14 horas. Os nenos e nenas empadroados en Valdoviño gozarán dun descontó do 10% sobre o custe da actividade e, para inscribirse, hai que chamar directamente ó clube: 616 323 599 e 648 856 688.

Lea también

Las obras de la ‘Cidade do Deporte’ en FIMO empezarán antes de finalizar el año

Empieza la cuenta atrás para que el gran proyecto de la ‘Cidade do Deporte’ empiece …