Récord de participación na XII edición da Milla Urbana de Valdoviño

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, avanzou que na proba, que se disputa este mesmo domingo 18 de outubro, participaran máis de 200 atletas de todas as idades.

Foto arquivo edicións anteriores

O edil valoraba moi positivamente a cifra, que duplica a da última edición. As categorías máis numerosas serán de novo a absoluta, con máis dun centenar de deportistas inscritos, e máis os biberóns, con preto de medio centenar de participantes.

A contorna do paseo da praia e lagoa da Frouxeira volverá converterse na pista privilexiada da carreira, con distancias en función da categoría, e saídas escalonadas a partir das 11:00 horas.

Pechouse a inscrición sen cota económica. Este domingo, as persoas inscritas poderán retirar o seu dorsal no punto informativo habilitado xunto á caseta de socorrismo, dende as 10:00 horas.

Recibirán medalla todos os nenos  participantes na categoría biberón, e tamén, os e as tres primeiras clasificadas do resto de categorías.

Lea también

El Club de Baile Deportivo Narón llega a lo más alto en el Campeonato de España de Danza Coreográfica

  El Club de Baile Deportivo Narón volvió a hacer historia el pasado fin de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *