Veciños de Cabanas realizaron a Ruta dos Petroglifos

Instante da ruta – Concello de Cabanas

Finalmente, 35 veciños e visitantes tomaron parte o pasado domingo na segunda ruta de sendeirismo organizada polo Concello de Cabanas no marco do programa municipal de andainas para descubrir o municipio.

Tratábase da ruta circular dos Petroglifos que, con punto de saída en Santa Cruz, discurría por sendeiros de monte ata o lugar de Manxarín. De alí, bordeando o concello veciño de Fene, ata retornar a Santa Cruz. Parroquia na que todos eles podían observar restos arqueolóxicos de gran valor.

Entre saída e chegada mediaron uns 11 quilómetros con itinerario de dificultade leve-moderada.

Lea también

Neda abre o prazo para inscribirse no festival de comparsas, arranque do Entroido 2026

En marcha os preparativos do Entroido de Neda. O Concello vén de publicar as bases …