Unha tempada enteira despois, o rugby sénior volta á casa. Tras un longo ano no que o equipo tivo que desprazarse a Culleredo para disputar os seus encontros como local, este sábado ás 16:30 horas as instalacións da Malata acollerán de novo a competición oficial co enfrontamento fronte ao Pontevedra Rugby Club.

O partido corresponde á segunda xornada de Liga e supón un momento moi especial para o club, xogadores e afección, que recuperarán as súas sensacións no seu feudo habitual.


«Xogar fóra da casa durante toda unha tempada supuxo un esforzo enorme para todo o cadro de xogadores e para a directiva. Volver xogar diante da nosa xente, no noso campo e sentir o apoio da bancada da Malata é o mellor impulso posible para encarar esta tempada» sinala Marta Grandal, presidenta do club de Ferrol.
Dende a entidade fan un chamamento á afección ferrolá, ás familias e a todos os amantes do deporte na cidade para que acudan ao campo a apoiar ao equipo nunha xornada festiva e de reencontro co rugby local.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.