A concelleira de Muller e Igualdade, Saínza Ruiz, ven de presentar hoxe o primeiro número de Xuño 2017 da revista ‘Machina’, Mulleres construíndo Ferrol. É unha fermosa publicación concentrada en 12 páxinas que cunha tirada de 900 exemplares que se vai a distribuír na Casa da Muller de Ferrol e tamén entre os colectivos femininos do municipio que aspira a ser un referente na promoción do traballo e dos logros das muller da nosa comarca.
“Pasa por tecer redes no feminismo e na igualdade, empurrando as emprendedoras, fomentando novos talentos e aprendendo das veteranas, das pioneiras, alén da ideoloxía, como Sari Alabau ou Blanca Quintanilla”, resumía a edil de Benestar Social, Muller e Igualdade.
A concelleira estivo acompañada na representación de mulleres na representación de distintos colectivos femininos da cidade, como Alvixe, unha entidade de novo cuño, que subliñaron a aposta do Goberno local por pular polo tecido feminino do municipio con iniciativas, obradoiros e accións transversais.
“Machina era o nome que se lles aportaba as grúas do naval que ficaban intactas no horizonte da cidade, retando as crises cíclicas. Esto é unha homenaxe as mulleres do pasado, fortes e con carisma. Vai por todas elas para que inspire a todas as mulleres do presente a seguir traballando nese camiño”, expuxo Saínza Ruiz.
Este primeiro número, explicaba, vai adicado a Chelo Loureiro, a ferrolá homenaxeada no pasado 8M, cunha entrevista apolo miúdo na que se afonda na conxunción entre o pensamento científico e a creatividade que ven conxugando na súa exitosa carreira profesional e experiencia vital.
Recolle opinións, propostas, novas, entrevistas e actividades tanto do Concello e doutras institucións, como a Universidade, en materia de muller e igualdade. Neste primeiro número tamén ten cabida Hildegart, a supermuller que non puido ser, un resumo dunha serie de mesas redondas adicadas a esta figura senlleira e accións de formación en igualdade.
Os vindeiros números, avanzou a concelleira, estarán centrados no deporte, desde unha perspectiva feminina, e tamén en recadar toda a información e as opinións sobre os ventres de alugueiro, para ofrecer unha visión global sobre unha cuestión delicada e en boga, e na superación de barreiras na dependencia.