Este sábado no Pazo da Cultura de Narón monólogos con Luís Piedrahita

Os monólogos regresarán ao Pazo da Cultura este sábado, día 1 de xullo, da man do artista Luis Piedrahita.

“Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas” é o título deste monólogo-comedia que a compañía Etiqueta Negra traerá a Narón e que se representará a partir das 20.00 horas. O prezo das entradas é de 19 euros no patio de butacas e 15 nos anfiteatros na venda anticipada, se ben o propio día do espectáculo custarán 21 e 17 euros, respectivamente. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura e tamén a través da páxina web: www.padroadodecultura.es.

Piedrahita deleitará ao público que asista a este espectáculo, de case hora e media de duración, incidindo en que só se vive unha vez. Amosará un mundo cheo de miserias, que existen pero que non deben facer sufrir, senón todo o contrario, polo que provocarán as risas dos espectadores.

O humorista e escritor, moi coñecido polas súas aparicións en televisión e radio –El Hormiguero 3.0; El Club de la Comedia…- reflexionará sobre unha serie de temas da vida cotiá nun show tildado por algúns críticos como unha das obras “máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI”.

Lea también

La Xunta licita por más de 16,3 millones la construcción de 92 viviendas públicas en Narón

El Consello de la Xunta ha autorizado este lunes la licitación del contrato de ejecución …

3 comentarios

  1. Me alegro de que hagan las obras buenas en verano. Si llegan a hacerla en invierno nos morimos todos de frío de lo mal construído que está el pazo.

  2. La web del padroado funciona fatal, se nota que no están acostumbrados a que la use nadie