O alcalde e concelleiros de Narón asistiron esta mañá a un pleno simulado por alumnas e alumnos do colexio Santiago Apóstol

Instante do pleno escolar – Concello de Narón

Escolares de cuarto curso de ESO do colexio Santiago Apóstol participaron esta mañá nun pleno celebrado no Concello. Os rapaces e rapazas sentáronse nos espazos que habitualmente ocupan os vinte e un edís da corporación local, o Secretario xeral do Concello e a Interventora municipal para celebrar durante case unha hora, a partir das 12.00, unha sesión plenaria. O alcalde, José Manuel Blanco, saudou aos escolares antes de iniciarse o pleno e, xunto con outros edís da corporación, entre eles a de Participación Cidadá, Catalina García, ver desde a planta superior –que habitualmente ocupan as persoas que acuden como ouvíntes ao pleno- ver o traballo realizado polos mozos e mozas de Narón.

Os escolares formaron catro partidos políticos, con pactos tanto no grupo de goberno como na oposición, e realizaron no seu centro unha campaña política, incluído o reparto de merchandising, megafonía, enquisas, etc., para anunciar as súas propostas e tamén as pertinentes votacións. Hoxe acudiron ao salón plenario para amosar as súas propostas, que se referían a infraestruturas, servizos, actividades e programas relacionados co Concello. O debate prolongouse durante case unha hora, un tempo no que debullaron a orde do día e defenderon as súas posturas, chegando a sacar adiante todos os puntos que levaban ao pleno. Antes de rematar a sesión, a rapaza que asumiu o cargo de alcaldesa de Narón, leu unha carta institucional sobre os partidos da ultradereira.

Unha vez rematada a sesión o alcalde naronés dirixiuse de novo aos escolares para felicitalos polo seu traballo. Así mesmo, valorou as defensas que realizaron das súas propostas tanto os que se puxeron na pel de edís do equipo do goberno local como da oposición, e animounos a continuar traballando activamente para, entre todos e todas, axudar a que a cidade continúe avanzando. A edil de Participación Cidadá tamén felicitou aos alumnos e alumnas polo arduo labor realizado nas últimas semanas e polos temas abordados na particular sesión plenaria desta mañá no Concello.

A actividade de hoxe enmárcase nunha iniciativa impulsada desde a Concellería de Participación Cidadá na que se implicou este grupo de alumnas e alumnos do colexio Santiago Apóstol, que xa en maio do ano pasado simulou un pleno no Concello, cando cursaban terceiro curso de ESO no citado centro.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …

Un comentario

  1. Ya se empiezan a parecer a los mayores. Leer una carta contra la ultraderecha está bien, pero me parece que se olvidan del otro 50% del problema que es la ultraizquierda. La ultraderecha no gobierna, pero se podían haber acordado de nuestros hermanos venezolanos, que han muerto 60 jovenes en el último mes a manos de la ultraizquierda que sí gobierna.