Alumnos EEUU e Canadá e da Facultade de Mediciña e Odontoloxía rotarán na Xerencia Integrada de Ferrol

Alumnos e alumnas que farán as rotacións – Sergas

Medio centenar de estudantes aprenderán na Xerencia Integrada de Ferrol durante este verán. Son un total de 26 alumnos de Estados Unidos e Canadá, no marco do programa Atlantis; e 29 alumnos de 3º, 4º, e 5º da Facultade de Medicina e de 4º de Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. A directora de Procesos de Soporte, Fernanda López Crecente; e o responsable de Docencia, Ramón López de los Reyes, dábanlle esta mañá a benvida, no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Por unha banda, os 26 estudantes de Ciencias da Saúde de Estados Unidos e Canadá, rotarán por 9 especialidades da Xerencia Integrada de Ferrol, durante dous meses, en catro quendas de dúas semanas cada grupo. Como centro docente universitario, o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol acollerá a estes alumnos do programa de prácticas de observación en hospitais, Atlantis. Son estudantes de Ciencias da Saúde, do que se denomina pre-health, e que se asemella co pregrao na formación aquí. Seis alumnas comezaban hoxe.

Esta actividade desenvólvese no marco dun convenio de cooperación educativa asinado entre o Servizo Galego de Saúde e o St. Mary’s Institute for Educacional Excellence (SMI), e implica a realización dun programa de prácticas de observación en centros sanitarios galegos. Esta colaboración comezaba en maio do pasado ano 2016. Trátase de prácticas de curta duración en diversos servizos, sobre todo naqueles nos que sexa posible observar técnicas.

No marco deste convenio de colaboración, o Sergas oferta as prazas; e o centro hospitalario, grazas á colaboración dos servizos, determina as especialidades onde estes alumnos rotarán; e, tamén, establece as datas. Pola súa banda, o SMI dá a coñecer o sistema sanitario galego e a comunidade autónoma nas universidades americanas.

Ademais, estes estudantes desenvolven actividades de colaboración e voluntariado naqueles servizos polos que realizan as súas prácticas de observación, como clases de inglés, colaboración en traducións, ou outras actividades que cada departamento considere de interese. Establécese así unha liña de colaboración que poderá ser ampliada nun futuro.

Ámbalas dúas institucións consideran interesante este intercambio, na medida en que “se desenvolven tanto vínculos con futuros profesionais da saúde de Estados Unidos e Canada”; como “de relación con distintas Universidades”. As actividades de colaboración son extensibles á comunidade e supoñen a promoción de Galicia noutros ámbitos, xa que contan con días libres para coñecer as cidades onde desenvolven a súa actividade.

Xunto con estes, deuse a benvida tamén ó alumnado que comeza a súas prácticas en período non lectivo, de 3º, 4º, e 5º de Medicina, e 4º grado de Odontoloxía, da Universidade de Santiago de Compostela. Son un total de 29 alumnos e alumnas que se distribuirán, en tres grupos ó longo dos tres meses de verán, por Servizos como Pediatría, Traumatoloxía, Medicina Interna, Cirurxía, Pneumoloxía, Urxencias, Xinecoloxía, Oftalmoloxía, Oncoloxía, Dixestivo, e Odontoloxía.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …