O BNG apoia os traballadores de Ferrovial

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol participou e acompañou aos traballadores de Ferrovial no paro desenvolvido ás portas da empresa Navantia. O BNG demanda ao gberno local e a Navantia que resolvan unha situación produto da adxudicación dun contrato que se produciu nunhas condicións nas que si alguén carece de responsabilidade son os traballadores.

A xustificación destes incumprimentos en base á licitación do contrato non ten ningún sentido. A adxudicación deste contrato produciuse a principios do ano 2016 por motivos exclusivamente económicos .

Xa naquel momento desde o BNG denunciaron o que suporía de deterioro nas condicións laborais e que unha empresa pública como Navantia non podía avalar esta precarización constante dos traballos que se desenvolven no estaleiro. Tampouco o goberno local pode permitir que se sigan a desenvolver estas prácticas.

Lea también

Suspenden el operativo de búsqueda de Doniños, en Ferrol, al no denunciarse la desaparición de ningún pescador

El operativo de búsqueda que se había activado alrededor de las 19,00 horas del pasado …