Valdoviño inicia o proceso de contratación de dous técnicos de Turismo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da apertura do prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dous/dúas técnicos/as de Turismo por un periodo máximo de catro meses. Un, a tempo completo e outro, a tempo parcial. Unha contratación posible grazas a unha achega da Deputación provincial da Coruña.

O Boletín Oficial da Provincia daba conta hoxe do anuncio, abríndose un prazo de presentación de solicitudes de cinco días naturais, contados dende o seguinte hábil ao da publicación. Tanto as bases da convocatoria como o modelo de instancia están a disposición das persoas interesadas na web municipal (www.concellodevaldovino.com) e no propio BOP.

As funcións a desempeñar serán, a rasgos xerais, a atención ao público, atención telefónica, dar resposta á información demandada a través de correo ordinario, fax e correo electrónico, preparación de material promocional turístico para distintas feiras e eventos, colaborar no deseño e na elaboración de rutas comarcais, realización de visitas guiadas, arquivar documentos e informes, cubrir formularios e elaborar informes estatísticos.

Lea también

Ortigueira abre el plazo de solicitudes para el programa de ‘Agasallos de Nadal 2025’

El gobierno local lanza un año más una iniciativa de ayuda para que ningún niño …