Música nas Letras Galegas

Julia Mª Dopico Vale.

Galicia é terra de poetas. Pola súa tradición histórica-ahí está a fecunda lírica medieval coas cantigas de escarnio e de amor, e nomes de trovadores heredeiros da tradición provenzal como Códax, Mendinho ou Fernando Esquío, parece que oriundo de Neda ou Xubia; e as de amigo que en boca femenina cantaban sentimentos entorno o amor, coma nun rito ancestral que reflexa a fonda pegada da muller na nosa lírica (Rosalía eterna, inmortal, nai da poesía galega)- e polas obras e os nomes que se asociación ás nosas letras, testemuña do alcance intelectual é estético que da fruto na nosa terra.

Este feito singular que nos caracteriza como entidade cultural propia é recoñecido como se debe celebrándose cada 17 de maio o “Día das Letras Galegas”, día importante para Galicia, día importante para os galegos dende un lonxano 1963 en que se distingue aos sinores da palabra co seu facho iluminador, sendo neste 2017 Carlos Casares– descrito por Xesús Alonso Montero coma “un grande da literatura hispánica do século XX”-o protagonista de data tan singular, pola sua “calidade, a súa vocación comunicativa e o compromiso inequívoco coa lingua galega”.

O mundo da música, fundido íntimamente co universo da palabra dende a antiguedade da lírica, da épica ou da dramática, celebra parellamente esta festa especial con versos desgranados en fermosas cancións polos compositores históricos e os contemporáneos que suben aos escenarios dos teatros, salas e espacios culturais de toda índole os compases de melodías que en eterna primaveira se pronuncian coma nun “maio longo” de exquisitez e beleza. Ferrol e Ferrolterra, dende donde se ama especialmente “a canción” súmase a este fluir de río musical coma o río da nosa propia bandeira: “En pé, sereos, a limpa frente erguida, envoltos na brancura, da luz que cai de riba” (da “terra asoballada”)

 

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …