As escolas infantís de Narón rexistraron máis de 200 solicitudes para o vindeiro curso

A concelleria de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou que, a falta de coñecerse nun par de semanas os datos definitivos, solicitaron praza nas tres escolas infantís municipais para o curso 2017-2018 un total de 204 persoas. Así mesmo, a edil indicou que os nenos e nenas que xa están nas garderías da Solaina, A Gándara e Piñeiros reservaron 129 prazas, ao continuar nos centros durante o vindeiro ano. “O número de persoas que neste cómputo provisional quedaron sen praza é de 74 menores, pero o dato non é definitivo ata dentro dun par de semanas, xa que os pais e nais solicitan praza en varios centros, incluso de fóra deste concello, e no caso de ser aceptados dánse de baixa nas escolas infantís municipais, co que habería algunha vacante máis”, explicou Taibo, que incidiu en que polo momento se trata dun listado provisional.

Para o curso 2017-2018 rexistráronse 37 novas solicitudes de praza de menores nados este ano, quedando oito vacantes nalgunha das garderías; para os nados no 2016 demandáronse 95 prazas, adxudicándose 47 e quedando 48 en lista de espera e, por último, para os nados en 2015 solicitáronse 72 prazas e adxudicáronse 46, polo que quedan en lista de espera 26 nenos e nenas. “No momento de solicitar praza nalgún dos tres centros municipais na folla de inscrición anótanse as tres garderías, por orde de preferencia e no caso de que trala baremación se cubran as prazas da primeira opción indicada, aos proxenitores ofréceselles o centro que indicaron na segunda posición, ou, de non haber vacantes, na terceira”, explicou a edil de Ensino.

No referente ás prazas reservadas para o vindeiro curso contabilizáronse un total de 129, das que 45 se corresponden coa escola infantil da Solaina; 42 coa de Piñeiros e as 42 restantes coa da Gándara, tal e como apuntou Mercedes Taibo.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …

Un comentario

  1. 200? Antes eran más…Algo debe pasar que estamos parando de crecer