A Concellería de Medio Ambiente de Narón, dirixida polo edil Octavio Dopico, e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) organizan un curso de iniciación sobre “Técnicas de apicultura natural sostible”. A convocatoria iniciarase o vindeiro sábado, día 6, entre as 10.00 e as 10.30 horas, no local social da AVV Rosa dos Ventos, na parroquia de Sedes. O curso desenvolverase entre os meses de maio e novembro, para que os asistentes teñan a oportunidade de coñecer e practicar todas as tarefas a realizar nun colmear. As persoas interesadas en asistir poden anotarse, de balde, a través do correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com, ou obter máis información chamando ao número de teléfono 981 320 798.
O programa do curso, dunha duración aproximada de sesenta horas (impartidas de xeito discontinuo), dividirase en varios apartados: “Importancia das abellas” –ciclo biolóxico, partes da colmea, os abelleiros…-; “Reprodución do apiario” –multiplicación, recollida de enxames, colocación de alzas, calendario de traballo…-; “Sáude das abellas” –principais parásitos que lles afectan, prevención de doenzas, control de enfermidades e desinfección- e “Elaboración e comercialización de produtos apícolas” –esmelga, equipamento, extracción, decantación, envasado e etiquetado do mel, reciclado da cera…-. En todos os casos haberá unha parte práctica con visitas a apiarios ou locais de extracción do mel, según a temática a abordar, tal e como se apuntou desde AGA. Os colmeares nos que se realizarán as prácticas son os tres didácticos cos que conta a delegación en Ferrolterra de AGA, localizados en Sedes (Narón), A Cortiña (San Sadurniño) e Esmelle (Ferrol).
Persoal de AGA encargarase de impartir as sesións e de facilitar os medios técnicos necesarios para realizar este curso. Entre os obxectivos do mesmo están, apuntan, “formar aos novos pastores de abellas para que ao final do curso sexan capaces de levar axeitadamente un colmear familiar”.
A ver si se dejan de gilipolleces y se ponen a hacer algo serio ya. Estamos esperando que arreglen calles y baches, parques infantiles, aceras, y un largo etcétera. Lo de las abejas está muy bien cuando se han hecho los deberes, pero tiene mucha más importancia el bienestar de la ciudadanía, que somos los que pagamos sus sueldos.