EU Narón transmite a En Marea as preguntas sobre a legalidade da cementeira de Castro

Instante da reunión – EU Narón

André Abeledo transmitiu a En Marea a necesidade de que a Xunta se manifeste sobre a legalidade da Cementeira de Castro. Dende EU Narón «seguiremos sendo a voz da veciñanza e defendendo os seus intereses«.

André Abeledo despois de falar cós representantes da AAVV de Castro transmitiu aos parlamentarios de En Marea Eva Solla e Marcos Cal, a necesidade de presentar preguntas relativas ao cumprimento da legalidade no que atinxe á cementeira de Castro en Narón no Parlamento Galego.

Abeledo defende que a lei ten que ser igual para todos para poder ser realmente xustiza. A Xunta de Galicia non pode dar a calada por resposta, nin pode mirar para outro lado no relativo a licencia medioambiental que depende directamente da consellaría.

Dende EU Narón recordan que no ano 2013 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimaba o recurso interposto pola Asociación de Veciños-Os Cruceiros sobre a ilegalidade na instalación e funcionamento da cementeira de Narón, sentenza que veu a ratificar o propio Tribunal Supremo en 2015, deixando sen efecto a autorización ambiental outorgada no seu día polo departamento da Xunta de Galicia.

O proceso xudicial foi iniciado pola Asociación de Veciños, ante o silencio administrativo da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental que outorgara autorización ambiental integrada e formulara declaración de impacto ambiental respecto das instalación, almacenamento e expedición de cemento proxectada pola empresa cementeira en Castro.

Ditas sentenzas, traen conta dunha loita por parte da Asociación de Veciños, que levou a que xa no ano 2009 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se pronunciase en contra da aprobación do Plan de Sectorización por parte da Administración local e que veu a substituír o uso residencial da zona por un uso industrial exclusivo considerando, o TSXG no 2009 e o Tribunal Supremo no 2012, unha vulneración do principio de xerarquía normativa ao pretender modificar un Plan Xeral cun Plan de Sectorización.

Con todo, a día de hoxe, según EU Narón dita empresa está en funcionamento de xeito ilegal e non teñen constancia de que a Xunta levase a cabo rectificación da decisión tomada no seu día, restaurado o dano feito en cumprimento da legalidade.

Por todo o anterior o Grupo Parlamentario de En Marea, presentará as seguintes Preguntas no Parlamento Galego:

– ¿Ten pensado a Xunta de Galicia levar a cabo algunha medida para dar cumprimento da sentenza?

– ¿Ten pensando a Xunta de Galicia tomar algunha medida respecto das responsabilidades política derivadas da autorización?

– ¿Contempla a Xunta achegar un axuda económica para recuperar a parcela e a fonte catalogada denominada “Fonte Santa” para fins sociais e deportivos?

– ¿Qué valoración fai a Xunta de Galicia da Sentenza?

Lea también

A alcaldesa de Narón preside un pleno escolar no que participou alumnado do colexio do Feal

Alumnado de terceiro da ESO do colexio do Feal en Narón, desprazouse ao Concello, acompañado …