O alcalde de Narón recibiu no salón de plenos a unha vintena de escolares do CEIP Virxe do Mar

Instante da visita – Concello de Narón

Alumnado do CEIP Virxe do Mar visitou esta mañá o Concello de Narón. Vinte e un nenas e nenos de quinto e sexto curso de Primaria do citado centro, acompañados por unha mestra, desprazáronse ata o Concello donde, como é habitual, os recibiu o alcalde, José Manuel Blanco no salón de plenos. Alí viron unha proxección sobre o Concello, para ensinarlles as localizacións máis emblemáticas da cidade e, a continuación, formularon unha gran variedade de preguntas ao rexedor local, que respostou a cantas cuestións plantexaron os escolares.

En recordo da súa visita ao Concello os menores recibiron como agasallo unha gorra e un bolígrafo institucionais. Desde o pasado mes de febreiro xa participaron nesta iniciativa, impulsada a través do Servizo Sociocomunitario Municipal, nenas e nenos de quinto de Primaria do CEIP da Gándara; de sexto de Infantil do CEIP Ponte de Xuvia e de Infantil do CEIP Virxe do Mar. O vindeiro mes de maio está programada a visita de tres grupos de alumnado de educación Infantil do CEIP A Solaina.

Lea también

El BNG de Mugardos insiste en la creación de un gobierno de izquierdas y llama al PSOE a unirse al mismo

El Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Mugardos acaba de hacer pública la última propuesta que …