O grupo de teatro da Asociación de Mulleres de Vilarmaior visita a Agrupación Instructiva

Cartel do evento – Agrupación Instructiva de Caamouco

Volve o teatro á Agrupación Instrutiva de Caamouco. Desta volta, o protagonista será o Grupo La Segunda Juventud, de Vilarmaior, que actúa por vez primeira no escenario do centro social da Tenencia. O colectivo representará a obra «A mula de Don Pedro«.

A xornada teatral está programada para o vindeiro sábado 29 de abril, ás 19 horas. A entrada, como sempre, libre e de balde.

O Grupo La Segunda Juventud, integrado por actrices afeccionadas, pertence á Asociación de Mulleres de Vilarmaior.

Lea también

As Pontes celebrou a gran final dos concursos “Mellor conciñeiro/a de cogomelos 2025”

O programa “As Pontes, Terra de Cogomelos” é unha aposta do Concello das Pontes polo …