O BNG advirte ao Concello que está a incumprir a lexislación ambiental na forma de limpar as praias

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol denuncia a falla de sensibilidade medioambiental do goberno local na forma de acometer a limpeza dos areais, xa que as dunas son un hábitat prioritario, e que ao invadir con maquinaria pesada o sistema dunar das praias da cidade: Doniños, Esmelle, san Xurxo etc esta acción afecta gravemente a un espazo natural protexido debilitando a protección da fráxil biodiversidade natural desta zona e en especial às especies ameazadas que teñen neste contorno o seu hábitat.

O BNG censura a actitude coa que o goberno local está a actuar, non sendo a primeira vez que isto acontece, traballando con maquinaria pesada sobre unha zona natural, xa que ademais está a incumprir o plan de conservación da Píllara das Dunas. Esta pequena ave limícola declarada en perigo de extinción polo “Catálogo Galego de especies ameazadas” contaba no ano 2008 só con 81 parellas nidificantes en Galiza. O “Plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) en Galicia” aprobado pola Xunta no decreto 9/2014, do 23 de xaneiro, recolle numerosas medidas encamiñadas a mellorar a conservación desta especie. Entre estas medidas, no documento faise referencia ás restricións para acceder ao cordón dunar de dúas praias ferrolanas: Doniños e San Xurxo. Así, queda prohibido o acceso de persoas e mascotas (e por suposto de vehículos motorizados) ao cordón dunar destas praias na época de cría. Tamén recolle a necesidade de que as limpezas de praias se fagan de xeito manual nas praias de cría desta ave.

Desde o BNG censuran a indiferencia do goberno local ao menosprezar e incumprir a moción presentada polo BNG e aprobada durante o actual mandato (febreiro de 2016) que entre outros acordos establecía a necesidade de tomar as medidas necesarias para que as praias que se atopan dentro de espazos protexidos se limpen de maneira manual, e non con maquinaria e de que se tomaran as medidas necesarias para que as obras de adecuación destas praias se realizasen de xeito que causen o mínimo impacto posible sobre os valores naturais que nestes espazos protexidos existen.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …

Un comentario

  1. Un incumplimiento más de Jorgito y ya van…