700 rapaces participaron no festival musical «A mocidade coa lingua 2017»

O Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, cooperan, un ano mais, no desenvolvemento dunha nova edición do festival musical “A mocidade coa lingua 2017”.

Arrancaba este venres as 10:30 horas, no Auditorio de Ferrol coa participación de 700 rapaces e rapazas de varios centros educativos da comarca. Foi o concelleiro de Participación e Normalización Lingüística, Álvaro Montes Celeiro, o encargado de abrir o acto e animar aos mozos e normalizar en galego en todos os eidos da súa vida, desde a música ao whatsapp pasando pola ciencia e o amor.

Este Festival musical, que celebra a súa edición número 25, subía este venres ao escenario do Auditorio de Caranza a cinco grupos escolares noveis de música en galego e a un profesional, SoKram, na fin de festa, para presentar o seu último traballo ‘Chuvia Äcida’.

Os cinco grupos noveis pertencen a 4 IES da comarca.  O primeiro en subir ao escenario foi o Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos, de Narón, seguidos de Terras do Além, do mesmo centro. En terceiro lugar, The Last Chance, do IES Sofía Casanova, Oak Sons, do IES Carvalho Calero e, no peche, Indianos, está formado por alumnos do IES de Neda.

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …