
Entre as obras con vinculación directa con Neda figuran Electra (Colectivo Teño unha horta, 2018), A pena de Vicente (Abel Vega, 2023) e Muíño d’abaixo (Cristina Souto, 2023). A selección inclúe tamén Pedro Chosco (NaraíoMedia, 2023), na que participan dous actores nedenses, e E fíxose a Luz (Fran da Lobeira, 2018), cunha historia próxima á realidade da contorna.
Outras curtametraxes amplían esta rede de relacións a través de diferentes conexións culturais e humanas. É o caso de Casa Torina (Ana Moreiras, 2019), vinculada á relación da artista coa Piruchela, onde se lle dedicou un podcast xunto a Miguel de Lira no que se abordaron cuestións como o Cine do Eo e o Chanfaina Lab. Tamén se proxectará Arrolo (Lucía Estévez, 2018), que conecta coa próxima visita da actriz Melania Cruz á Piruchela. Pola súa banda, A Gatiñeira de San Sadurniño (Fernando Cortizo, 2024) incorpora unha conexión coa celebración do Samaín, cuxa celebración se atopa a unha semana da proxección.
A programación complétase con Onde Cristo falou con Rosa (Pablo Fontenla, 2025), Vellamorta (Juan Galiñanes, 2023), Aquilino das Seixas (Antón Rodríguez, 2019) e Nós mesmas (Ana Pontón, 2017), que contribúen a ampliar a mirada máis alá do estritamente local e a construír un percorrido audiovisual diverso, unido pola idea de proximidade e pertenza.
Cineastas locais, veciños e veciñas de San Sadurniño responsables de varias dascurtametraxes da programación, participarán na presentación da sesión, achegando as súas experiencias e perspectivas sobre as obras. A proxección dividirase en dous bloques, cun descanso na metade, no que as persoas asistentes poderán conversar e compartir impresións arredor dun petisco de chanfaina elaborado polo Tropezón (A Barqueira) cortesía da Piruchela.
El Laboratorio Chanfaina está organizado por el Ayuntamiento de San Sadurniño con el apoyo del Geoparque Cabo Ortegal y el área de Cultura de la Diputación Provincial de A Coruña.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.