Juan Galán presenta en Ferrol o seu último libro, “Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés”

A Casa do Pobo de Ferrol, (r/ Carme, 4) acolle este xoves a presentación do último libro do escritor Juan Galán, “Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés (1939-1945)”.

O acto, que dará comezo ás 19.30 horas, contará coa participación da secretaria de cultura da Agrupación Socialista ferrolá, e concelleira, Montserrat Dopico, que presentará ao autor.

A obra, publicada por Galaxia dentro da Colección Memoria, rescata a vida de Joaquín Fernández Millán, un mariñeiro galego e miliciano que loitou na fronte vasca e que, en 1939, se exiliou en Francia.

Galán relata o seu paso por campos de concentración e compañías de traballo na Francia de Vichy e na zona ocupada, onde participou na construción do Muro do Atlántico. Trátase dun estudo que proporciona abondosa información sobre as persoas que se viron obrigadas a fuxir de España e despois padeceron o réxime nazi.

Juan Galán (A Coruña, 1961) estudou Filoloxía Inglesa na Universidade da Coruña e foi profesor na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. É autor de varias obras de ficción e forma parte da directiva da Asociación de Memoria Histórica Democrática de Ferrolterra, ademais de colaborar periodicamente con diversas publicacións. “Rotspanier” é o seu primeiro traballo de investigación histórica.

Lea también

«Lo que queda de ti» llega a Neda dentro del IX Ciclo Nacional Cine y Mujeres Rurales

La Casa de la Cultura de Neda acoge este miércoles 21 de octubre, la proyección …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *