Curso para o uso de teléfonos intelixentes en Fene

O Concello de Fene. dende a concellaría de Benestar social e igualdade, leva a cabo o programa de Envellecemento Activo e participación social, no que se enmarca o «Curso para o uso de teléfonos intelixentes«, que terá lugar o 24 de marzo, de 11:00 a 13:00 horas, na Aula de Cursos do Concello, na Avenida Naturais, 44, entresollado.

A aparición destes dispositivos ocasionou un novo entorno de comunicación, que as persoas maiores teñen que asimilar para poder beneficiarse dos servizos que lles axudarán a vivir con maior autonomía persoal e independencia.

Con esta iniciativa, trátase de formar ás persoas maiores no uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet dende os propios teléfonos de cada participante. Se mostrarán as diferentes posibilidades que ofrecen estes dispositivos, como utilizalos, para que poden servir e que aplicacións poden usar.

Lea también

Xosé Miguel Mahía renunció al acta de concejal de Mugardos por motivo de estudios en el extranjero

La noticia, aunque no era oficial, se hizo real en la mañana de este miércoles, …