Eliximos Narón presenta una moción polas tasas de recollida do lixo do 2015

Dentro do estudo das taxas de recollida do lixo, dende Eliximos Narón encontran moitas cousas inexplicables coma que, polo menos dende o ano 2013, se lle estea a cobrar as grandes áreas de distribución e almacenaxe a taxa do lixo moi por debaixo do seu custo. Estiman que se lles está a subvencionar a cargo dos demais usuarios sobre o 50% da súa taxa.

Como o peor ano, según Eliximos Narón, se encontra o 2014 no que o Concello estivo a cobrarlles 71,44 euros/tonelada cando o canon de Sogama xa era de 82,10 €/ton., e a isto habería que sumarlle os custos de recollida, almacenamento e traslado a Sogama, ademais dos custos fixos do servizo.

Tamén encontrá Eliximos Narón que no 2015 se estivo a cobrar a todos os contribuíntes una tarifa que tiña que quedar anulada pola disposición adicional da ordenanza ao cumprirse a baixada prevista do canon de Sogama para ese ano. Son cantidades pequenas que van dende os 4 ou 5 euros para os domicilios, sobre 13,50 euros para comercios e 22 euros para os bares, por exemplo, pero que no seu conxunto supuxo un ingreso adicional para o Concello duns 120.000 euros nese ano, e que se veu a sumar a outros 350.000 euros que tamén se confiscaron coa taxa lixo nese ano.

Eliximos Narón soliciou o luns por rexistro ao alcalde unha aclaración por este cobro inxustificado, e además solicitan explicacións o concelleiro de xestión presupostaria, Pablo Villamar, por permitir estas supostas irregularidades.

Lea también

Xornada en Narón de conferencias e visitas guiadas ao CIMIX

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa colaboración da Deputación da Coruña, organiza …