O Concello de Narón manterá aberto ata o vindeiro 20 de marzo o prazo de preinscripción nas escolas infantís municipais da Solaina, Piñeiros e A Gándara para menores de novo ingreso. Así o anunciou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que recordou que se poderán solicitar prazas para nenos e nenas de entre 3 meses e ata os 3 anos. As solicitudes presentadas baremaranse en función da situación sociofamiliar, a laboral e a económica das familias. Unha vez baremadas exporanse as listas provisionais de admitidos tanto no Concello como nas tres escolas infantís municipais, establecéndose dez días para presentar as reclamacións que se estimen oportunas, no caso de que se plantexasen. A matrícula deberá formalizarse nun plazo de quince días desde que se notifique a adxudicación da praza, nas garderías e no Concello, se ben será desde os propios centros desde donde se informará sobre o procedemento a seguir para formalizalas.
No caso das solicitudes de praza para menores de novo ingreso a documentación facilitarase no Concello –no primeiro andar, Servizo Sociocomunitario– e nas citadas escolas infantís municipais, debendo entregala no Rexistro do Concello. A edil recordou que se ofrecen varias opcións para elixir: xornada completa continuada (con inicio entre 7.30 e 9.30 e fin entre 15.30 e 17.30 horas); xornada escolar continuada (inicio de 9.00 a 10.00 e fin entre 16.00 e 17.00); xornada completa partida (pola mañá de 9.00 ou 9.30 ata as 13.00 ou 13.30 e polas tardes de 15.30 e 16.00 a 19.30 ou 20.00) e, por último, media xornada (polas mañás de 9.00 a 13.00 ou de 9.30 a 13.30 e polas tardes de 15.30 a 19.30 e desde as 16.00 ata as 20.00).
Os menores non poderán estar máis de oito horas diarias no centro e deberán gozar dun mínimo dun mes de vacacións continuado (nos meses de xullo ou agosto).
Así mesmo, nos tres centros ofrécese servizo de comedor para todas as idades e adaptado ás mesmas, tanto no que respecta aos menús, supervisados por unha nutricionista, como aos horarios. Os prezos por este servizo, considerado complementario, varían en función dos días que o soliciten e tamén según a renda per cápita mensual da unidade familiar. As taxas estipuladas poden consultarse na páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/.