O recinto feiral do Trece acolle a “VI Exposición Nacional Canina Narón 2017”

Algo máis dun centenar de diversas razas de cans participarán esta fin de semana nas diferentes actividades proxectadas desde a Concellería de Feiras, presidida por Mar Gómez, e a Sociedade Cinolóxica Galega Expogal, representada por Javier Davila, para a sexta edición da “Exposición Nacional Canina Narón 2017”. As previsións que manexa a organización, en canto ao número de participantes, son optimistas, e animan á veciñanza a acudir a este evento, que terá lugar no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, e no que non faltarán os concursos e onde tamén haberá obradoiros sobre o coidado das mascotas.

Serán precisamente os obradoiros de coidado de mascotas os que abrirán a programación o sábado día 4, a partir das 17.30 horas, cando se iniciará un taller de perrucaría canina –a cargo de responsables da perrucaría Patacán– no que poderán participar, de balde, todas as persoas interesadas coas súas mascotas. A través desta proposta, tamén se ofrecerá información sobre os coidados máis axeitados para cada raza. Na mesma xornada do sábado, unha vez remate o taller de perrucaría canina –a hora dependerá do número de participantes– dará comezo o tradicional Concurso de mascotas, para o que si será preciso inscribirse previamente –esa mesma tarde ata as 17.30 horas no recinto feiral– abonando unha cuota de tres euros. Haberá premios para as variedades (macho e femia): Miss, Mister, Pitufín e Kinkong.

A última xornada da “VI Exposición Nacional Canina Narón 2017”, o domingo día 5, estará adicada aos cans de raza, coa celebración dun Campionato galego. Os interesados en participar terán que apuntarse ese mesmo día ata as 11.00 horas –pagando 20 euros-, momento no que darán comezo os xuízos, que rematarán sobre as 13.30, según as previsións iniciais. A final será pola tarde, a partir das 16.30 horas, momento no que se procederá á entrega dos pertinentes trofeos.

Recoñecementos de raza de cans e asesoramento sobre a normativa de tenencia de animais serán outras das propostas que se ofrecerán nesta convocatoria, tal e como apuntaron desde a organización.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …