Este mércores presentación dun novo web do servizo de normalización lingüística de Narón

 O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón vai presentar esta semana o novo web “Do berce á rúa”. Así o avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, ao indicar que o vindeiro mércores, día 8, a Escola Infantil Municipal da Solaina acollerá a presentación do novo portal web. A cita dará comezo ás 17.30 horas, tal e como indicou a edil naronesa, e á mesma están xa convidadas as familias usuarias das escolas infantís da localidade.

Taibo destacou as vantaxes deste tipo de iniciativas impulsadas desde o Servizo de Normalización Lingüística de Narón, en canto que “promoven a participación das familias no uso da lingua galega, inculcándollela aos seus fillos e fillas desde que son pequenos”.

Taibo destacou os recursos que ofrece o web entre os que destacan: xogos, cancións, arrolos, primeiras palabras, e tamén recursos moi útiles sobre a saúde, nomes en galego e consellos de crianza, entre outros.

“A participación das familias é fundamental neste tipo de iniciativas, coas que colaboramos intensamente desde o Concello para tratar de facilitar na medida do posible unha serie de servizos e materiais para fomentar o uso da nosa lingua”, recalcou a edil de Ensino.

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …

Un comentario

  1. Lo de la normalización lingüística está muy bien, pero primero hay que centrarse en atender a las necesidades de los vecinos, cosa que el concello de Narón NO está haciendo. Los viales están peor que nunca, el alumbrado, salvo donde vive el alcalde, no se revisa y permanece desde hace meses con luces fundidas, los semáforos llevan también meses si reparar… y así, un largo etcétera. En fin, un auténtico desastre.