A gala homenaxe a Agustín Fernández Paz foi presentada no Concello de Ferrol

Comisión organizadora da homenaxe durante a presentación – Adán Puentes

A mañá do xoves foi a escollida pola comisión organizadora, entre os que se atopa o ex alcalde de Ferrol Xaime Bello, para presentar a gala homenaxe a Agustín Fernández Paz que ten como título “O rastro que deixamos” e que terá lugar o venres, 17 de febreiro, a partir das 20:30 horas, no Auditorio de Ferrol, e que será de balde ata completar o aforo, como tamén una exposición dende o 15 ata o 17 de febreiro.

Esta homenaxe pretende recoller as vivencias e adhesións da comarca ao redor da figura de Agustín Fernández Paz e a sua esposa Inma, os cales estiveron vivindo na comarca dende 1978 e durante máis de dez anos, onde fixeron moitos amigos, é algúns deles son os artífices desta gala homenaxe, que é a primeira vez que se realiza na comarca de Ferrolterra, a cal conta coa colaboración dos concellos de Ferrol, Ares, As Pontes, Cedeira, Fene, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume e San Sadurniño, como tamén da Deputación da Coruña, por medio da vicepresidencia.

A comisión organizadora recordaba que Agustín Fernández Paz tiña un gran compromiso coa lingua e coa obra literaria, tendo unha dimensión internacional, sendo as súas obras traducidas a moitos idiomas. Agustín Fernández Paz era un avanzado a súa época, sendo un dos integrantes de Avantar, que deu posteriormente a orixe da Nova Escola Galega.

A faceta docente de Agustín Fernández Paz tamén foi recordada pola comisión organizadora, sendo uno dos moitos Mestres que tivo que irse fora de Galicia no seu momento para poder ter unha praza definitiva nun centro, para logo poder retomar a Galicia de novo en un ou dous anos. Agustín Fernández Paz sempre tiña tempo para estar cos escolares, facendo moitas visitas os centros que a pedían e incluso, xa estando enfermo e cando non podía viaxar, realizaba as conexións cos escolares por Skype, para non perder o contacto con eles.

Para realizar esta homenaxe do venres 17 de febreiro, a comisión organizadora contactou con todos os centros educativos da comarca, os cales colaboraron cunha ducia de vídeos e cunha exposición de cómics, os cales terán un acto especial ese mesmo día as 11:00 horas, onde se proxectarán estos traballos audivisuais e contarán coas actuacións musicais de BellónMaceiras, María Manuela e Xiana Lastra.

Programación da homenaxe a Agustín Fernández Paz

Exposición

Haberá unha exposición no Auditorio de Ferrol, con toda a súa obra, que se poderá visitar os días 15, 16 e 17. Os dous primeiros días o horario será de 10:30 horas a 13:30 horas e de 17:00 horas a 20:00 horas, mentres que o día 17 será de 10:00 a 13:30 horas e de 19:00 horas ata finalizar o acto homenaxe.

Acto para escolares

Como comentábamos anteriormente, realizaráse un acto para escolares o venres 17 de febreiro, no Auditorio de Ferrol, a partir das 11:00 horas, onde se proxectarán os traballos audivisiuis presentados polos centros educativos, ademáis das actuacións musicais de Bellón Maceiras, María Manuela e Xiana Lastra.

Gala – homenaxe

O acto central terá lugar o venres, 17 de febreiro, a partir das 20:30 horas, no Auditorio de Ferrol, onde se realizará a proxección de documentais sobre Agustín Fernández Paz, coa participación de quince persoas e que a orde cronolóxica será o fio conductor. Nesta gala homenaxe contará coas actuacións musicais de BellónMaceiras, Guadi Galego, Mini e Mero, A Banda da Loba, María Manuela, Xabier Díaz e Miro Casabella.

As entradas serán de balde ata completar aforo, a retirada de billetes empezará o xoves 9 ata a o seu esgotamento. De martes a sábado as entradas poderán retirarse no despacho de billetes do Teatro Jofre, de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas. O domingo se poderán retirar no Auditorio de Ferrol, de 11:00 a 13:00 horas e o día da gala, o 17 de febreiro estarán disponibles no Teatro Jofre de 11:00 a 13:00 horas e no propio Auditorio de Ferrol dende duas horas antes do evento.

Lea también

MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; …