Cabanas inviste nas instalacións do Punto de Atención á Infancia e na adquisición de material

O alcalde, Germán Castrillón, realizou unha visita de fin de obra ó Punto de Atención á Infancia de As Viñas para supervisar o resultado dos traballos executados nas instalacións municipais e tamén o equipamento adquirido recentemente. O rexidor explicou que,s«umando os traballos realizados e o importe dos recursos incorporados, o investimento no PAI superou os 20.000 euros, a sufragar cunha achega da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Investimento que, sen dúbida, revertirá nun mellor servizo e atención ós pequenos e pequenas de entre cero e tres anos que acoden a diario ás instalacións».

No exterior, as obras contemplaron a instalación dun novo peche da parcela, realizado en madeira tratada; a colocación de novos elementos na área de xogos, e traballos de impermeabilización na fachada, tanto na parte dianteira coma nun dos laterais. No interior, procedeuse á colocación de tableiro laminado nas paredes da sala de xogos e na sala de descanso. Un material con maior resistencia, sinxela limpeza e menor mantenemento, que permitirá combatir o uso constante por parte dos menores e, tamén, reforzar as paredes fronte á humidade. Non só iso, tamén se substituíron lámpadas fluorescentes por outras LED, o que permitirá reducir a factura eléctrica e o gasto na reposición destes elementos, e incorporáronse elementos de protección das esquinas mediante cantoneiras autoadhesivas.

Respecto á adquisición de novo material, o Concello atendeu as suxestións do equipo docente e incorporouse un proxector e unha pantalla; unha tablet; un ordeador de mesa; unha cámara de fotos; contos infantís, puzles, material de aprendizaxe, xogos e bonecos, entre outros.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …