O Concello de Cabanas executa obras de ampliación no parque do Areal

obras-arenal-cabanas-9-12O alcalde Cabanas, Germán Castrillón, informou que o Concello ampliará a zona recreativa do Areal e, con esa finalidade, comezaban esta semana os traballos contratados pola Administración local. O rexidor explicou que «a actuación permitirá sumar metros á área de xogos infantil construíndo unha cuberta de madeira tratada con forma hexagonal, que fai xogo coa temática do mobiliario urbano existente e que irá cuberta por un panel de imitación á tella. Así mesmo, a intervención sumará algúns elementos de xogo», apuntou.

Castrillón destacou ademáis que a actuación tamén contempla a construción duns aseos públicos anexos á edificación que alberga o Punto de Información Turística do Concello, xa que a zona carece deste tipo de servizos. Aseos que se dotarán de pezas sanitarias antivandálicas.

«A actuación permitirá sumar un novo atractivo á zona, á beira da praia da Madalena e do paseo marítimo. Un espazo central para o ocio e disfrute de veciños e visitantes. As obras, que se prevé conclúan este mesmo mes, contan cun orzamento de 39.759,03 euros, que se financiarán con cargo ó Plan de Acción Social da Deputación», asegurou.

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …