A Concellería de Mercados abrirá o vindeiro luns 14, e ata o día 12 de decembro, o prazo para solicitar a instalación de postos na oitava edición do Mercado de Segunda Man de Sedes. O evento terá lugar na xornada do 18 de decembro, no recinto feiral do Trece. Entre os requisitos ás persoas interesadas en montar os seus postos de venda nesta convocatoria está a obriga de aportar un mínimo de dous quilos de alimentos ou produtos de limpeza, que se entregarán posteriormente ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, tal e como avanzou a edil da área, Mar Gómez.
Os postos permanecerán abertos en horario de 11 a 14 e desde as 16 ata as 20 horas. As inscricións son de balde e o número máximo de participantes fixouse en 120.
Está prohibida a participación de menores de idade e comerciantes ou vendedores ambulantes, dirixíndose esta iniciativa a particulares. Así mesmo, non se poderán facilitará unha mesa e unha cadeira ao responsable de cada un dos postos.
O formulario de inscrición poderá descargarse da páxina web do Concello –www.naron.es- ou solicitala no Rexistro do Concello a partir do vindeiro luns, e deberá entregarse no propio Rexistro municipal unha vez cubertos os datos requeridos pola organización.